jueves, 20 de junio de 2013

PASAPALABRA

 Aquí tedes un pasapalabra no que todas as respostas están relacionadas cas froitas. A ver quen gaña... e non vale mirar as solucións!!!


A: froito da abeleira
B: traducción de plátano en inglés
C: nome das froitas acuosas, de textura blanda e azucaradas
D: contén a “d”, froito dunha árbore da mesma familia ca  laranxeira e máis pequeno ca laranxa.
E: contén a letra “e”, froita de 4 letras que empeza por “p"
F: froita que nace da figueira
G: froita redonda de casca amarelada que no seu interior ten sementes vermellas
H: terreo onde se cultivan árbores froiteiras, hortalizas, verduras e legumes
I: contén a letra “i”, planta que ten como froito a uva
K: froita de cor verde con pebidas negras moi pequenas e saber agridoce.
L: froito de forma ovada con toa marela e de sabor agre 
M: sobremesa feita con anacos de froitas variadas
N: sinónimo de concho
Ñ: froito comestible do castiñeiro
O: casca exterior con espiñas que contén as castañas no seu interior.
P: froito tropical de cor amarelo de aspecto parecido ao froito do piñeiro.
Q: contén a “q”, froito de cor laranxa, sabor doce e non é a laranxa
R: contén a “r”, sinónimo de amorodo
S: froito redondo e de gran tamaño que ten casca verde e polpa encarnada, de sabor doce, con moito zume e pebidas negras.
T: froito da tomateira
U: froito da vide.
V: nutriente que aportan as froitas e é necesario para o organismo
W: contén a “W”, froita de catro letras que empeza por K.
X: contén a “x”, froito de forma redonda e de cor entre amarela e encarnada
Z: líquido con propiedades nutritivas contido nalgunhas froitas carnosas.  


SOLUCIÓNS:
(AVELÁ)  (BANANA)  (FROITAS CARNOSAS)  (MANDARINA)  (PERA)  (FIGO)(GRANADA)  (HORTA)  (VIDE)  (KIWI)  (LIMÓN)  (MACEDONIA(NOZ)  (CASTAÑA) (OURIZO)  (PIÑA)  (CAQUI)  (FRESA)  (SANDÍA)  (TOMATE) (UVA)(VITAMINAS)  (KIWI)  (LARANXA)  (ZUME)

No hay comentarios:

Publicar un comentario