lunes, 24 de junio de 2013

CALENDARIO DE FROITAS

Pincha neste enlace para acceder ao CALENDARIO DE FROITAS e ver cal é a mellor época para o seu consumo

FROITAS: 5 AO DÍA

Se pinchades neste enlace http://www.5aldia.com/   podedes atopar información sobre os beneficios que nos aporta o consumo de froitas e hortalizas, as súas características, as funcións que desempeñan no noso organismo, xogos para nenos...

jueves, 20 de junio de 2013

PASAPALABRA

 Aquí tedes un pasapalabra no que todas as respostas están relacionadas cas froitas. A ver quen gaña... e non vale mirar as solucións!!!


A: froito da abeleira
B: traducción de plátano en inglés
C: nome das froitas acuosas, de textura blanda e azucaradas
D: contén a “d”, froito dunha árbore da mesma familia ca  laranxeira e máis pequeno ca laranxa.
E: contén a letra “e”, froita de 4 letras que empeza por “p"
F: froita que nace da figueira
G: froita redonda de casca amarelada que no seu interior ten sementes vermellas
H: terreo onde se cultivan árbores froiteiras, hortalizas, verduras e legumes
I: contén a letra “i”, planta que ten como froito a uva
K: froita de cor verde con pebidas negras moi pequenas e saber agridoce.
L: froito de forma ovada con toa marela e de sabor agre 
M: sobremesa feita con anacos de froitas variadas
N: sinónimo de concho
Ñ: froito comestible do castiñeiro
O: casca exterior con espiñas que contén as castañas no seu interior.
P: froito tropical de cor amarelo de aspecto parecido ao froito do piñeiro.
Q: contén a “q”, froito de cor laranxa, sabor doce e non é a laranxa
R: contén a “r”, sinónimo de amorodo
S: froito redondo e de gran tamaño que ten casca verde e polpa encarnada, de sabor doce, con moito zume e pebidas negras.
T: froito da tomateira
U: froito da vide.
V: nutriente que aportan as froitas e é necesario para o organismo
W: contén a “W”, froita de catro letras que empeza por K.
X: contén a “x”, froito de forma redonda e de cor entre amarela e encarnada
Z: líquido con propiedades nutritivas contido nalgunhas froitas carnosas.  


SOLUCIÓNS:
(AVELÁ)  (BANANA)  (FROITAS CARNOSAS)  (MANDARINA)  (PERA)  (FIGO)(GRANADA)  (HORTA)  (VIDE)  (KIWI)  (LIMÓN)  (MACEDONIA(NOZ)  (CASTAÑA) (OURIZO)  (PIÑA)  (CAQUI)  (FRESA)  (SANDÍA)  (TOMATE) (UVA)(VITAMINAS)  (KIWI)  (LARANXA)  (ZUME)

sábado, 8 de junio de 2013

IOGUR CON FRESAS

 

 

Aproveitando que este ano recollemos moitas fresas no horto do colexio, acompañámolas con iogur e fixemos unha rica sobremesa.




MACEDONIA

Os nenos e nenas de infantil fixeron unha macedonia moi colorida e tamén moi saborosa!!! Estaba boísima!!!











miércoles, 22 de mayo de 2013