lunes, 8 de abril de 2013

OBRADOIRO DE COCIÑA

Os nenos e nenas de segundo fixeron un obradoiro de cociña no que elaboraron dúas sobremesas deliciosas. Aquí tedes as receitas.

MELÓN CON AMORODOS:

 INGREDIENTES:

Dous melóns franceses

350  gramos de amorodos

Unha cullerada sopeira de azucre

Unha cullerada sopeira de zume de limón

Doce folliñas de menta




1º- Corta os melóns pola metade, horizontalmente e quita as sementes.



 2º- Cunha culleriña, baleira as catro metades, garda as mondas e reserva os anaquiños de polpa nun recipiente.


3º- Corta os amorodos en grandes rodas. Engádelles o azucre e mais o zume de limón. Deixa repousar todo media hora.

4º- Mestura os amorodos e a polpa do melón. Reparte a mestura nas catro mondas e decóraas coas folliñas de menta.
E LISTO PARA SERVIR!!


LARANXAS E POMELOS CON MEL

INGREDIENTES:

Dúas laranxas
Dous pomelos
Dúas culleradas sopeiras de froitos secos.

1º- Pela con moito coidado as laranxas e os pomelos e separa os cuarteiróns.


2º- Coloca os cuarteiróns nunhas copas alternando laranxa e pomelo.

3º- Mestura completamente o zume de laranxa e o mel.



4º- Verte a mestura sobre a froita, esmaga os froitos secos e bótaos por riba en po.



E LISTO PARA COMER!