Os nenos e nenas de segundo fixeron un obradoiro de cociña no que elaboraron dúas sobremesas deliciosas. Aquí tedes as receitas.
MELÓN CON AMORODOS:
INGREDIENTES:
Dous melóns franceses
350 gramos de amorodos
Unha cullerada sopeira de azucre
Unha cullerada sopeira de zume de limón
Doce folliñas de menta
1º- Corta os melóns pola metade, horizontalmente e quita as sementes.
2º- Cunha culleriña, baleira as catro metades, garda as mondas e reserva os anaquiños de polpa nun recipiente.
3º- Corta os amorodos en grandes rodas. Engádelles o azucre e mais o zume de limón. Deixa repousar todo media hora.
4º- Mestura os amorodos e a polpa do melón. Reparte a mestura nas catro mondas e decóraas coas folliñas de menta.
E LISTO PARA SERVIR!!
LARANXAS E POMELOS CON MEL
INGREDIENTES:
Dúas laranxas
Dous pomelos
Dúas culleradas sopeiras de froitos secos.
1º- Pela con moito coidado as laranxas e os pomelos e separa os cuarteiróns.
2º- Coloca os cuarteiróns nunhas copas alternando laranxa e pomelo.
3º- Mestura completamente o zume de laranxa e o mel.
4º- Verte a mestura sobre a froita, esmaga os froitos secos e bótaos por riba en po.
E LISTO PARA COMER!
No hay comentarios:
Publicar un comentario