Éste é un blog do CEIP A GÁNDARA de Monforte de Lemos no que se mostran actividades para promover o consumo de froita entre o alumnado. Esperamos que vos guste!
lunes, 24 de junio de 2013
FROITAS: 5 AO DÍA
Se pinchades neste enlace http://www.5aldia.com/ podedes atopar información sobre os beneficios que nos aporta o consumo de froitas e hortalizas, as súas características, as funcións que desempeñan no noso organismo, xogos para nenos...
jueves, 20 de junio de 2013
PASAPALABRA
Aquí tedes un pasapalabra no que todas as respostas están relacionadas cas froitas. A ver quen gaña... e non vale mirar as solucións!!!
A: froito da abeleira
B: traducción de plátano en inglés
C: nome das froitas acuosas, de textura blanda e azucaradas
D: contén a “d”, froito dunha árbore da mesma familia ca laranxeira e máis pequeno ca laranxa.
E: contén a letra “e”, froita de 4 letras que empeza por “p"
F: froita que nace da figueira
G: froita redonda de casca amarelada que no seu interior ten sementes vermellas
H: terreo onde se cultivan árbores froiteiras, hortalizas, verduras e legumes
I: contén a letra “i”, planta que ten como froito a uva
K: froita de cor verde con pebidas negras moi pequenas e saber agridoce.
L: froito de forma ovada con toa marela e de sabor agre
M: sobremesa feita con anacos de froitas variadas
N: sinónimo de concho
Ñ: froito comestible do castiñeiro
O: casca exterior con espiñas que contén as castañas no seu interior.
P: froito tropical de cor amarelo de aspecto parecido ao froito do piñeiro.
Q: contén a “q”, froito de cor laranxa, sabor doce e non é a laranxa
R: contén a “r”, sinónimo de amorodo
S: froito redondo e de gran tamaño que ten casca verde e polpa encarnada, de sabor doce, con moito zume e pebidas negras.
T: froito da tomateira
U: froito da vide.
V: nutriente que aportan as froitas e é necesario para o organismo
W: contén a “W”, froita de catro letras que empeza por K.
X: contén a “x”, froito de forma redonda e de cor entre amarela e encarnada
Z: líquido con propiedades nutritivas contido nalgunhas froitas carnosas.
lunes, 17 de junio de 2013
sábado, 8 de junio de 2013
IOGUR CON FRESAS
Aproveitando que este ano recollemos moitas fresas no horto do colexio, acompañámolas con iogur e fixemos unha rica sobremesa.
MACEDONIA
Os nenos e nenas de infantil fixeron unha macedonia moi colorida e tamén moi saborosa!!! Estaba boísima!!!
miércoles, 22 de mayo de 2013
miércoles, 17 de abril de 2013
lunes, 8 de abril de 2013
OBRADOIRO DE COCIÑA
Os nenos e nenas de segundo fixeron un obradoiro de cociña no que elaboraron dúas sobremesas deliciosas. Aquí tedes as receitas.
MELÓN CON AMORODOS:
INGREDIENTES:
Dous melóns franceses
350 gramos de amorodos
Unha cullerada sopeira de azucre
Unha cullerada sopeira de zume de limón
Doce folliñas de menta
1º- Corta os melóns pola metade, horizontalmente e quita as sementes.
2º- Cunha culleriña, baleira as catro metades, garda as mondas e reserva os anaquiños de polpa nun recipiente.
3º- Corta os amorodos en grandes rodas. Engádelles o azucre e mais o zume de limón. Deixa repousar todo media hora.
4º- Mestura os amorodos e a polpa do melón. Reparte a mestura nas catro mondas e decóraas coas folliñas de menta.
E LISTO PARA SERVIR!!
LARANXAS E POMELOS CON MEL
INGREDIENTES:
Dúas laranxas
Dous pomelos
Dúas culleradas sopeiras de froitos secos.
1º- Pela con moito coidado as laranxas e os pomelos e separa os cuarteiróns.
2º- Coloca os cuarteiróns nunhas copas alternando laranxa e pomelo.
3º- Mestura completamente o zume de laranxa e o mel.
4º- Verte a mestura sobre a froita, esmaga os froitos secos e bótaos por riba en po.
E LISTO PARA COMER!
viernes, 22 de febrero de 2013
FROITA FRESCA
Grazas a axuda "Distribución de froita fresca ao alumnado de centros escolares" concedida polo FOGGA, os alumnos disfrutaron de dúas semanas gratis de froita. Deste xeito potenciamos o seu consumo co obxectivo de consolidar uns hábitos de alimentación saudables.
CADROS CON ESTAMPACIÓNS DE FROITAS
Xa que este ano estamos traballando o "Proxecto da pintura", os nen@s de infantil convertíronse en pintores e fixeron cadros estampando froitas dun xeito moi orixinal. Aquí tedes algúns:
![]() |
sábado, 19 de enero de 2013
jueves, 10 de enero de 2013
"BODEGÓN DAS CABAZAS"
Este ano no colexio estamos traballando o proxecto da pintura. Os nenos de infantil pintaron o cadro "Bodegón das cabazas" de Luis Seoane.Logo cada nen@ fixo o seu "bodegón das froitas".
Aquí tedes algúns:
domingo, 2 de diciembre de 2012
CAIXAS DE OUTONO
Mirade que fermosas as caixas que fixeron os alumn@s de 1º coas follas e froitos que recolleron polos arredores do colexio!
viernes, 30 de noviembre de 2012
DEGUSTACIÓN
COS FROITOS DO OUTONO FIXEMOS UNHA DEGUSTACIÓN. PRIMEIRO DIFERENCIAMOS OS FROITOS SECOS DOS CARNOSOS E OBSERVAMOS AS SÚAS CARACTERÍSTICAS. POR ÚLTIMO, FIXEMOS UN XOGO MOI DIVERTIDO: OS NENOS TAPARON OS OLLOS, SABOREARON A FROITA E ADIVIÑARON O SEU NOME: GRANADAS, KIWIS, CAQUIS, MAZÁS, MANDARINAS, PERAS ...
ESTA É UNHA BOA EXPERIENCIA PARA ANIMAR AOS NENOS A PROBAR A FROITA.
ESTA É UNHA BOA EXPERIENCIA PARA ANIMAR AOS NENOS A PROBAR A FROITA.
Degustación na aula de 4º
domingo, 18 de noviembre de 2012
EXPOSICIÓN DOS FROITOS DO OUTONO
COS FROITOS QUE TROUXERON OS ALUMN@S FIXEMOS UNHA EXPOSICIÓN NA ENTRADA DO COLEXIO.
TAMÉN RECADAMOS ADIVIÑAS TRADICIONAIS,AQUÍ TES ALGUNHAS.
jueves, 15 de noviembre de 2012
FLOCOS DE MILLO
OS NEN@S DE PRIMEIRO TROUXERON MAZAROCAS DE MILLO DAS SÚAS CASAS PARA FACER FLOCOS.
O PRIMEIRO PASO FOI DEBULLAR AS MAZAROCASLOGO QUENTARON A TIXOLA CON UNHAS GOTAS DE ACEITE E AÑADIRON OS GRANS DE MILLO...
....ESPERARON UN POUCO E OS FLOCOS DE MILLO APARECERON...
... E CADA VEZ MÁIS E MÁIS
PARA REMATAR, COMÉRONAS... UUUMMM.... QUE RICAS!!!!
martes, 13 de noviembre de 2012
LIBÉLULAS E PAXAROS
COA CHEGADA DO OUTONO AS FOLLAS DAS ÁRBORES COMEZAN A CAER E OS NEN@S DE 4 E 5 ANOS RECOLLÉRONAS PARA FACER UNHAS LIBÉLULAS E PAXAROS MOI ORIXINAIS...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





















